A calistenia é un sistema de entrenamento centrado na execución de movementos a través dos diferentes
grupos musculares. Unha vez vaiamos realizando os distintos exercicios calisténicos, como poden ser as distintas modalidades de flexións, sentadillas, dips ou dominadas, notaremos como a nosa forza, flexibilidade, axilidade e potencia, aumentan progresivamente
.
Qué materiais necesito?
Con tan só o teu propio corpo e un espazo mínimo no que poder moverte e tumbarte, terás todo o necesario para comezar a mergullarte no mundo da calistenia, puidendo adquirir máis adiante unha barra de dominadas para rematar de completar as túas propias rutinas. Sen dúbida esta é unha das principais vantaxes con respecto a outros sistemas de entrenamento que precisan distintos materiais que atoparíamos nun ximnasio para o seu desenvolvemento. Xa sea na túa propia casa, no parque ou na praia, poderás realizar a túa rutina de exercicios sen ningún problema.
Qué outras vantaxes aporta a calistenia?
Ademais de prácticamente non requerir equipamento, a calistenia grazas a súa énfase nos movementos musculares, axuda a mellorar a nosa postura corporal, reforzando as nosas articulacións, sendo polo tanto un método eficaz para prevenir lesións e futuras doenzas físicas.
En canto aos fins estéticos de realizar calistenia, podemos esperar corpos proporcionais e estéticos, aínda a través desta, tamén é posible lograr volumen e hipertrofia muscular, todo dependerá do noso plan de entrenamento, a intensidade e a frecuencia coa que realicemos o noso exercicio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario